Términos e Condicións

1. Obxecto

Os presentes Términos e Condicións regulan o acceso e uso da Aplicación Web Progresiva (PWA) ofrecida aos usuarios. A PWA permite navegar, buscar produtos e acceder, se aplica, a servizos de localización como Google Maps para facilitar a localización de produtos. O acceso e uso da PWA é gratuíto para o usuario.

Ao acceder á PWA, o usuario acepta estes Términos e Condicións, sen prexuízo de aceptar tamén a Política de Privacidade aplicable.

2. Uso permitido

O usuario comprométese a utilizar a PWA de forma correcta e conforme á lexislación vixente, absténdose de:

  • Publicar contidos ilegais, ofensivos, difamatorios, violentos ou contrarios á moral e boas costumes.

  • Introducir información falsa ou que infrinxan dereitos de terceiros.

  • Empregar a PWA para fins comerciais non autorizados.

3. Comentarios de usuarios

En determinadas seccións, os usuarios poderán deixar comentarios. Para iso, deberán introducir un enderezo de correo electrónico. Este correo será usado exclusivamente para vincular o comentario ao usuario e, se é preciso, para contactar con el. En ningún caso o correo aparecerá público na PWA. O responsable resérvase o dereito a moderar ou eliminar comentarios que incumpran estes Termos e Condicións.

4. Servizos de terceiros

A PWA pode integrar servizos de terceiros, como Google Maps, para mellorar a experiencia de localización de produtos. O responsable da PWA non garante o funcionamento, dispoñibilidade ou exactitude dos servizos de terceiros integrados na PWA, como Google Maps, e non será responsable de ningún prexuízo derivado do seu uso.

5. Propiedade intelectual

Todos os contidos da PWA, incluíndo deseño, textos, imaxes, logotipos, marcas e software, son titularidade do responsable ou de terceiros que autorizaron a súa utilización. Queda prohibida a reprodución, distribución, modificación ou uso non autorizado de calquera destes contidos.

6. Limitación de responsabilidade

O responsable da PWA non asumirá responsabilidade polos seguintes supostos:

  • Danos directos ou indirectos derivados do uso da PWA ou da imposibilidade de acceder á mesma.

  • Erros ou fallos no contido proporcionado por terceiros: o contido da PWA elaborouse a partir da información facilitada polos locais participantes no espazo Feira Franca e polas entidades encargadas da organización do evento. O responsable da PWA non garante a exactitude, actualización nin veracidade dos datos proporcionados por terceiros, incluíndo a información relativa a produtos e á localización exacta dos postos ambulantes.

  • Perdas de datos ou información xeradas polo usuario ou por terceiros.

O acceso e uso da PWA realízase baixo a propia responsabilidade do usuario.

7. Modificacións da PWA e destes Termos

O responsable poderá modificar a PWA, as súas funcionalidades e estes Termos e Condicións en calquera momento, sendo publicadas na PWA e aplicándose desde a súa data de publicación.

8. Dereito aplicable e xurisdición

Estes Termos e Condicións réxense pola lexislación española e europea. Para a resolución de calquera conflito xurídico derivado do uso da PWA, as partes sométense aos tribunais competentes do domicilio do responsable, salvo disposición legal en contrario.